4 (Col. Arquivos de T) TEATRO ESTUDIO DE FERROL Francisco Oti

PVP 15 euros, envíos a España gratis

ISBN 978-84-18885-96-9, 164. pág.

pedidos: edicionesinvasoras@gmail.com

BIZUM 625577457

Pagar con tarjeta:






@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } pre { background: transparent } pre.western { font-family: “Liberation Mono”, monospace; font-size: 10pt } pre.cjk { font-family: “NSimSun”, monospace; font-size: 10pt } pre.ctl { font-family: “Liberation Mono”, monospace; font-size: 10pt } p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent }
Este volume recolle a actividade teatral do Teatro Estudio de Ferrol con ampla información sobre a súa traxectoria, espectáculos, elencos, autorías, estreas, críticas, crónicas, éxitos e mesmo os posibles fracasos. Trala pescuda e recollida de datos observamos certas cuestións que poden situar a actividade do grupo a unha altura de consideración, tanto na súa estrutura e organización coma nos resultados artísticos das producións realizadas. Estudando a súa metodoloxía de produción todo nos vén indicar que estamos diante do que poderiamos denominar un Centro Dramático Local ao mellor estilo francés de Jean Laurent: unha compañía descentralizada, residente no espazo físico do Instituto Concepción Arenal e apoiada polo seu director d. Victorino López. Con este estudo descubrimos o labor teatral de Alfredo Osset Casteleiro que comeza como director en Ferrol e segue na capital do Estado ata acadar un currículo de tres décadas de creación teatral permanente. Tamén podemos recoñecer aquí o verdadeiro significado do concepto “A canteira ferrolá” empregada entre as xentes do Teatro Galego; pois as actrices e actores que comezaron no Teatro Estudio, acadaron éxitos e premios cos seus espectáculos; mesmo estamos en condicións de afirmar que varios actores acadaron a profesionalización no teatro español, no cine, na radio e mesmo na TV, anticipándose así ao período de profesionalización do Teatro Galego. Todo isto, e outras cuestións, nos motivou para rescatar a historia deste grupo ferrolán que fixo teatro de altura, cun repertorio de vangarda, nunha unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o Teatro Galego comeza a renacer devagar para coller forza ata ser o que hoxe é; polo que este traballo serve para definir unha parte das nosas orixes e historiografía teatral.