2 (Colección GAL) DramaturGA20 Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra, Raquel Castro, sther f. carrodeguas, Julio Fer, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte.




PVP 15 euros

Nace este proxecto posible como un berro existencial ceibado coas nosas gorxas dramatúrxicas, un berro permanente das nosas inquedanzas, como unha primeira pedra do novo milladoiro na nosa peregrinaxe teatral colectiva, como unha cantería de asento na catedral da dramaturxia galega que leva as marcas de todas e todos os canteiros asociados que quixeron participar nesta proposta aberta e plural, que recolle a creación de literatura dramática galega actual compendiando algúns textos breves nun exemplar que reúne as condicións de: urxente necesidade, excelencia e liberdade.

Con textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, sther f. carrodeguas, Julio Fernández Peláez, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte.