PVP 12 euros
ISBN 978-84-18885-95-2
Pedidos: edicionesinvasoras@gmail.com
A represión exercida polo franquismo é un vergoñento episodio sobre o que é imposible pasar páxina, e que vai moito máis aló do que neste libro se poida apuntar, con centos de milleiros de internos nos cárceres, unha brutal discriminación de xénero contra as mulleres, un implacable acoso aos homosexuais e xitanos, un planificado baleiramento das aldeas para encher de obreiros os barrios das cidades, roubo de cativos, xuízos sumarísimos, torturas e asasinatos… Unha cadea innomeable de escuridade que vai moito máis aló dos campos de concentración e batallóns de traballadores, e tamén moito máis aló dos “Tribunales Militares” e do específico aparato do Estado con Franco á cabeza, pois abarcaba a sociedade enteira, composta por unha maioría de cidadáns adestrados polo réxime para soportar a inclemencia do poder, e en moitos casos colaborar con ela.
Con textos de Ana Abad de Larriva, Marcos Abalde, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro,
Carlos Labraña e Julio Fernández Peláez.
Edita: Asociación Dramaturga & Invasoras