3 (Colección Arquivos de T) ALICERCES TEATRAIS EN GALIZA Francisco Oti

PVP 15 euros

ISBN 978-84-18885-92-1

pedidos: edicionesinvasoras@gmail.com

COMPRAR:





Este volume recolle a actividade teatral en Galiza entre 1952 e 1975; unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o noso teatro renace devagar para coller forza ata ser o que hoxe é; polo que este traballo serve para definir a nosa historiografía teatral e a relación desta con outros fenómenos teatrais como o movemento do Teatro Independente na península ibérica.

O autor dá cumprida información da actividade teatral de xeito panorámico; tendo en conta a todos os axentes que interveñen no feito; polo que podemos atopar aquí datos de escrita, edición, lecturas, dirección, posta en escena, estreas, montaxes, artigos, revistas especializadas e outras actividades teatrais que nos axudan a ter unha visión máis cumprida da actividade teatral aquí, e tamén da presenza do Teatro Galego fóra.

Con estes datos podemos deducir a importancia e o rol que o teatro tivo na sociedade galega e no rescate e recuperación do idioma e cultura propios; e como iso axudou a configurar o que demos en chamar “O Novo Teatro Galego”.