7 (Arquivos de T) TESPIS. O CONTEXTO TEATRAL CORUÑÉS Francisco Oti Ríos

ISBN: 978-84-18885-77-8

PVP: 20 euros. Gastos de envío a España incluidos. 246 páx.

bizum: 625577457





Tespis, o contexto teatral coruñés, de Francisco Oti Ríos

Este volume recolle a actividade teatral do Grupo Tespis da Coruña con ampla información sobre a súa traxectoria e tamén dalgúns grupos comarcais contemporáneos. Trala pescuda e recollida de datos, observamos que ao longo da súa traxectoria pasaron por el unha morea de persoas, que sitúan ao grupo como unha das engrenaxes centrais da maquinaria teatral galega.

Pola súa estrutura podemos considerar ao grupo como unidade produción teatral e centro formativo con ampla transcendencia e grande participación social; escola de actrices, actores, autores, directores e técnicos que contribúe con eficacia a definir os alicerces do Teatro Galego.
Á fronte desta estrutura teatral, un zamorano de nacemento e coruñés de acollemento, director e actor que dedicou toda a súa vida ao teatro e ao cinema: José Redondo Santos. Mestre de mestres.
Con esta achega non só recuperamos o labor teatral de José Redondo Santos e do Grupo Tespis, tamén a actividade teatral coruñesa e da contorna e dos seus axentes activos. Motivos dabondo para xustificar o rescate desta historiografía, dos repertorios e dunha memoria teatral, case esquecida, que transcorre nun tempo de transición que vai do tardo franquismo á democracia, cando o Teatro Galego comeza a renacer devagar para coller forza ata ser o que hoxe é.